IniciosociedadeUn desprendemento obriga ao Concello a obras de urxencia na praia dos...

Un desprendemento obriga ao Concello a obras de urxencia na praia dos Bloques

O goberno ribadense investirá 16.000 euros en consolidar un noiro no areal urbano

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo está a realizar obras de consolidación dun noiro (talud) na praia dos Bloques. Alí produciuse un desprendemento hai unhas semanas e agora estase a actuar nesa zona. O investimento ascende a 16.000 euros e a actuación fíxose a través dun procedemento de emerxencia, segundo explicou o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia. A obra foi adxudicada a Construcións O Chispa SLU.

Segundo explicou o goberno local a través dun comunicado de prensa, “estamos nestes días iniciando estas obras de consolidación e protección deste noiro (talud), na praia dos Bloques, despois de que hai poucas semanas caera un ribazo de terra, concretamente había un carballo que nacía de maneira oblicua. Con tanta auga que caeu, durante unhas semanas atrás, houbo un desprendemento de terra con pedras, e quedou ese noiro un tanto inestable”.

“OS CONCELLOS TEMOS COMPETENCIAS, PERO NON RECURSOS”

Suárez Barcia sinalou que “a intención do Concello de Ribadeo foi dirixirse a Costas, ao Ministerio, para que nos botasen unha man, e finalmente non puido ser así, din que eles non teñen as competencias. Ao final os Concellos somos a administración máis pequena e somos quen temos que acabar pagando o pato de todas as competencias. Ter competencias e non ter recursos é complicado”, concluíu.

O alcalde de Ribadeo explicou que “habilitamos unha partida económica que nos supón uns 16.000 euros e a través dun procedemento de emerxencia, porque non queremos ter ningún problema co paso público de persoas que usan esta praia dos Bloques. Polo tanto eliminamos todo isto, coa autorización tamén de Costas, estamos refacendo un muro de contención, cunhas dimensións xenerosas tanto de alto como de ancho, para estabilizar e evitar maiores problemas a todos os usuarios desta praia. Así que cando veñen aquí na primavera ou no verán atoparán esta zona rexenerada, que é o que se trata, evitar posibles problemas futuros”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...