IniciosociedadeCuarta tentativa de Ribadeo, "a prezo de derrubo", para vender os edificios...

Cuarta tentativa de Ribadeo, “a prezo de derrubo”, para vender os edificios en ruína do casco histórico

Tras tres poxas desertas, o goberno local saca de novo a subasta, por 68.000 euros, os dous inmobles ubicados nos números 2 e 4 da rúa Bispo Veres

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo saca por cuarta vez a subasta os edificios en ruína situados nos números 2 e 4 da rúa Bispo Veres. O prezo de saída dos dous inmobles, que se poden adquirir en conxunto ou por separado, será de 68.000 euros, IVE incluído, 19.000 menos que na anterior poxa.

Os edificios, que o Concello inmatriculou ao seu nome ante o seu estado de deterioro, están ubicados no corazón do casco vello ribadense. O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, lamenta que as tres poxas anteriores –mesmo coa publicación dun vídeo promocional– “quedaron desertas, pese a que cada vez que fixemos a subasta baixamos o prezo. Agora facemos unha cuarta poxa, e agardamos que sexa a última, a un prezo de derrubo. Saen en total por 68.000 euros, Bispo Veres 2 e número 4, pódense comprar xuntas ou por separado; unha delas custa 40.000 máis IVE e outra arredor de 26.000 euros máis IVE”, precisa.

O rexedor remarca que a ubicación dos inmobles confírelles “unhas vistas sobre a ría de Ribadeo espectaculares, cunha posición dominante”, e salienta que os compradores contarán con “700 metros cadrados de capacidade edificatoria, que se poderán utilizar para vivendas residenciais ou turísticas, para un albergue ou hotel, ou mesmo unha parte para garaxe. Sempre que a normativa permita unha determinada utilización, o Concello non poñerá trabas”, sostén Suárez Barcia.

PRAZO DE NOVENTA DÍAS PARA OFERTAS

As persoas físicas ou xurídicas interesadas en optar á compra dos inmobles terán un prazo de 90 días para facelo. “Todo este expediente está na plataforma de contratos do Estado, e tamén desde a páxina web do Concello de Ribadeo”, conclúe o rexedor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...