A Mariña Lucense estará este domingo en alerta laranxa por temporal costeiro. Así o anunciou a Xunta de Galicia, que advertiu dun fenómeno meteorolóxico adverso de segundo grao de perigosidade.
Segundo o prognóstico da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), agárdase mar combinada do oeste con ondas de cinco a seis metros. O aviso laranxa activarase desde as primeiras horas da tarde do domingo. Tamén se espera vento do suroeste a oeste de forza 8 en torno á Estaca de Bares.

Así mesmo, a bisbarra ficará en alerta amarela por ventos do suroeste, con refachos que poderían alcanzar os 90 quilómetros por hora (km/h).