A pescada do pincho de Celeiro triunfa en Xantar

O Concello dispuxo unha degustación con 300 racións do peixe, en empanada e salpicón, e tamén do Pan dos Apóstolos, doce da Semana Santa

Degustación da pescada de Celeiro e do Pan dos Apóstolos en Xantar. AXM

O Concello de Viveiro promocionou este sábado os seus produtos en Xantar 2020, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense, cunha degustación.

En concreto, ofreceuse unha degustación gratuíta dunhas 300 racións de dous produtos gastronómicos vinculados a dúas das festas de Viveiro con declaración de interese turístico: a merluza ou pescada do pincho (cociñada en empanada e salpicón) e o Pan dos Apóstolos (doce típico de Semana Santa).

Antes do inicio da degustación, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, realizou unha intervención na que ademais da gastronomía destacou que “somos un municipio hospitalario, de fonda pegada histórica e eminentemente turístico, dotado dos servizos dunha gran cidade e co encanto propio das pequenas vilas”.

Racións repartidas. AXM

En palabras da alcaldesa, “a natureza foi xenerosa con Viveiro, dotándoo de infinidade de paraxes extraordinarias: montaña, mar, ríos e praias, destacando entre estas últimas as de Area, Sacido e Covas, todas elas con recoñecidas distincións de calidade”.

STAND PROPIO

O concello contou cun stand propio en Xantar, no que durante os días da feira difundiuse o material de promoción turística do Concello e os folletos remitidos, para este fin, polos establecementos hostaleiros do municipio, ademais de diversos elementos procesionais facilitados pola Xunta de Cofradías da Semana Santa.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey, mantivo reunións con varios touroperadores, atraídos desde hai tempo polo potencial que ofrece Viveiro durante todo o ano.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here