IniciosociedadeO Servizo de Axuda no Fogar de Mondoñedo atende a 113 familias

O Servizo de Axuda no Fogar de Mondoñedo atende a 113 familias

O Concello sinala que o servizo, que "está totalmente ao día e sen lista de espera", dá emprego a un total de 23 persoas

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Mondoñedo suma oito novos usuarios, de modo que chega a 113 familias. A alcaldesa, a popular Elena Candia, destaca que neste momento o servizo “está totalmente ao día e sen lista de espera”.

A rexedora sinala que “para nós segue sendo un dos servizos máis importantes toda vez que entendemos que hai que habilitar todos os mecanismos cos que poidamos contar para que a nosa xente maior viva nos seus fogares o maior tempo posible e nas mellores condicións posibles”.

A presidenta da corporación municipal destaca que o SAF xera 23 postos de traballo (auxiliares de axuda no fogar). Atende de luns a domingo e en horario de maña e tarde, mediante persoal propio do Concello.

A alcaldesa destaca que o SAF é un servizo ao que se destina unha importante cantidade económica. Ademais da aportación que fai o propio Concello, no caso do Servizo de Axuda no Fogar-Dependencia está subvencionado, en parte, polo Servizo de Dependencia da Consellería de Política Social, e o SAF-Prestación Básica, en parte, a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...