A Deputación vén de aprobar o convenio marco para poñer en marcha un programa a través da cal o goberno provincial dotará de desfibriladores semiautomáticos a 49 concellos de Lugo, entre eles once municipios da Mariña Lucense.
Son, expoñen desde o goberno provincial, todos os Concellos que decidiron sumarse a esta iniciativa, que leva aparellada a formación de persoal municipal para o seu manexo. Ademais, a Deputación custeará o 100% do gasto. Na bisbarra, sumáronse Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, e Viveiro.
O PP CRITICA O ATRASO EN APROBAR O PROXECTO
O Partido Popular (PP) criticou que o goberno provincial tardase “tres anos e medio” en facer efectivo este programa, aprobado nun pleno da Deputación en xullo do 2016.
Podes ler a información completa no Lugo Xornal.