IniciosociedadeSara Solanas álzase co Concurso Internacional de Baristas Profesionais do IES de...

Sara Solanas álzase co Concurso Internacional de Baristas Profesionais do IES de Foz

Coruñesa afincada nas Illas Canarias, é a primeira muller en gañar o certame, que cumpriu a súa oitava edición e pechou unha semana na que A Mariña foi o epicentro da hostalería estatal

Publicada o

- Advertisement -

A coruñesa Sara Solanas, que traballa nas illas Canarias, gañou na mañá deste venres o Concurso Internacional de Baristas Profesionais convocado polo IES de Foz, que pechou unha semana na que o instituto focego se converteu no epicentro da hostalería peninsular.

Solanas é a primeira muller que gaña este certame, con oito anos de antigüidade. O segundo posto foi para Sebastián Eduardo González Flores e Iago Rivas Eiroá completou o podio. Participaron 14 concursantes.

 

O programa deste venres completouse cunha charla, pronunciada polo enxeñeiro agrónomo Juan Rodríguez Urquía, que falou do cultivo biotecnolóxico do café. A cita focega consolídase así como unha referencia a nivel estatal -houbo participantes de Galicia, Asturias, Cantabria, León e País Vasco– e engade atractivos áo Concurso Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, semente do actual eventou e que cumpriu a súa décimo terceira edición.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...