IniciosociedadeAlonso de Jorge Otero, do IES de Foz, gaña a Olimpíada Xeográfica...

Alonso de Jorge Otero, do IES de Foz, gaña a Olimpíada Xeográfica de Galicia

O alumno do centro educativo focego poderá competir a nivel estatal cos mellores estudantes de España da materia, os días 24 e 25 de abril en Madrid

Publicada o

- Advertisement -

Un alumno do IES de Foz, o focego Alonso de Jorge Otero, gañou a Olimpíada Xeográfica de Galicia, celebrada este venres en Santiago de Compostela, concretamente na Facultade de Xeografía e Historia.

Na olimpíada participaron outros catro alumnos do IES de Foz e os cinco estudantes do centro focego competiron con alumnos e alumnas de segundo de Bacharelato de toda Galicia. Tiveron que realizar 50 probas tipo test relacionadas co temario dese curso, con gráficos, fotografías e cartografía.

Alonso de Jorge Otero recibiu como premio unha tablet e terá a oportunidade de participar na fase estatal da XI Olimpiada de Geografía de España, que organiza o Colegio de Geógrafos de España e a Asociación Española de Geografía. Terá lugar os días 24 e 25 de abril de 2020 en Madrid.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...