IniciosociedadeXente nova e ben preparada, o perfil do novo emigrante galego

Xente nova e ben preparada, o perfil do novo emigrante galego

Os datos sobre emigración seguen dividindo aos partidos en Galicia. Mentres que para oposición o saldo é moi negativo, o PP destaca que a década remata en positivo.

Publicada o

- Advertisement -

Os datos do INE falan de case 14.000 persoas que marcharon en 2018. A xente nova e mellor preparada é a que escolle emigrar por falta de oportunidades e un mercado laboral precario.

As cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE), que este venres publicou o censo electoral son ben elocuentes a este respecto. Á caída do número de persoas con dereito a voto en toda Galicia (1.961 menos que en 2016), hai que sumarlle o feito de que o Censo de Residentes Ausentes (CERA) creceu en 16.174 persoas e son o 17,1 por cento dos chamados ás urnas na Comunidade galega o 5 de abril.

A emigración segue deixando unha fonda pegada tanto no campo demográfico como en desenvolvemento científico e social. Así o ven algunhas voces que negan a efectividade das políticas de retorno da Xunta de Galicia e remarcan que as axudas a emigrantes retornados tampouco son efectivas. A isto engádeselle que a volta máis numerosa son galegos de primeira e segunda xeración, a maioría deles de lugares onde as condicións de vida empeoraron nos últimos anos. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...