IniciosociedadeOs superpoderes que ten o galego para unha rusa que acabou en...

Os superpoderes que ten o galego para unha rusa que acabou en Galicia

"Falar galego é un superpoder, a mellor estratexia para ligar!", di a filóloga rura Ekaterina Yakovleva.

Publicada o

- Advertisement -

Ela naceu en Rusia, na cidade de San Petersburgo, pero pasou parte da súa infancia en Crimea. Apaixoada polas culturas célticas, axiña deu no mapa con Galicia. De feito, antes de viaxar aquí e coñecer o país de primeira man, ela xa aprendera o galego durante ben tempo na propia Rusia. “Tiña clases preto da miña casa de catalán os sábados e de galego os mércores. E dixen: ‘Buf! Os sábados non vou!'”, conta a risas. Así que, por fortuna para nós, quedou co galego. Pouco a pouco e grazas á súa profesora, foise achegando á cultura que rodeaba toda aquela lingua que tanto prendía dela.

Non me chamaba a atención esa España que me mostraban na tele, de flamenco e touradas, pero cando me dixeron que había un sitio onde eu podía casar o meu coñecemento e cuxa cultura era diferente, encantoume e decidín vir”. A primeira vez que pisou esta terra foi hai seis anos, cando veu para facer un curso de galego de verán. Conta que dende o primeiro día que chegou a Santiago soubo que ía quedar aquí. “Xa tiña a sensación de que estaba na casa”. E así que coma quen non quere a cousa, foi parando por estes lares. Ekaterina, que é tradutora e intérprete, fixo aquí o máster e agora anda na busca de traballo. Podes ler toda a entrevista no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...