IniciosociedadeBurela repartirá máis de 3.000 euros no seu desfile de Entroido, o...

Burela repartirá máis de 3.000 euros no seu desfile de Entroido, o día 23

Disporanse premios nas categorías infantil, con concursos para individuais, parellas ou grupos, e adulto, tamén para carrozas, charangas e comparsas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela repartirá máis de 3.000 euros en premios no desfile de Entroido da vila, que se celebrará o domingo 23 de febreiro.

Disporanse premios nas categorías infantil -con concursos para individuais, parellas ou grupos– e adulto -cos mesmos certames e tamén para carrozas, plataformas de rodas tiradas por vehículos, e charangas e comparsas, cun mínimo de dez compoñentes; estas últimas deberán realizar algún tipo de representación, baile ou música-.

Cartel do Entroido de Burela. AXM

O desfile sairá ás 17.00 horas e terá o seguinte percorrido: Rúa do Ril, Arcadio Pardiñas, Eijo Garay e Praza do Concello. Rematado o desfile a amenización musical na carpa sita na Praza do Concello correrá a cargo da discoteca móbil Eventec. Haberá chocolatada de balde ata a entrega de premios.

INSCRICIÓNS

A inscrición no concurso de disfraces pode efectuarse de luns a venres en horario de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas chamando aos teléfonos 982.58.11.41, 647.136.673 ou enviando un correo electrónico a casaxuventude@burela.org. O prazo para anotarse remata o vindeiro 21 de febreiro, ás 14.00 horas. O mesmo día do certame, os interesados en participar poderán inscribirse no local de Ledicia, desde as 15.30 ata as 16.30 horas.

O LUNS, BAILE NA CARPA

O luns, de 16.00 a 20.00 horas, haberá un obradoiro de cociña infantil impartido polas monitoras do Centro Medioambiental Gaia. A partir das 22.30 horas na carpa instalada na Praza do Concello terán lugar as actuación musicais do grupo Forget La France e da discoteca móbil Eventec, financiadas ambas polo CCA Burela.

DÍA DO NENO E ENTERRO DA SARDIÑA

O martes de Entroido será o Día do Neno. De 16.30 a 21.00 horas, na carpa instalada na Praza do Concello, haberá inchables, desfile infantil, obradoiro de manualidades e pintacaras, photocall e música. Finalmente, o mércores será o Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Dambara. A saída será ás 20.00 horas, desde a avenida Arcadio Pardiñas á altura do Mesón O Poeta, para baixar por Eijo Garay, continuar por Rosalía de Castro, seguir pola Rúa da Lamestra e rematar no Areal de Penoural.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...