O Valadouro destinará máis de 3.500 euros a un desfile de Entroido “que medra ano tras ano”

O concurso de disfraces valadourense será o domingo 23 de febreiro, con posterior baile

Desfile no Valadouro. AXM

O Valadouro celebrará o domingo 23 de febreiro o seu desfile de Entroido, que repartirá máis de 3.500 euros en premios.

Así o anunciou o Concello, que precisou que a comitiva do Carnaval desfilará a partir das 17.00 horas desde o Parque Concepción Arenal para seguir pola Rúa Andrés López Palmeiro, Paza de Santa María e Avenida de Viveiro.

O Concello quere potenciar un desfile “que medra ano tras ano” e repartirá máis de 3.500 euros entre os mellores disfraces nas categorías individual, parellas e grupos tanto en infantil como adulto, e nunha categoría de comparsas dotada con 800 euros. O disfrace máis humorístico será premiado con 60 euros.

INSCRICIÓN

A inscrición anticipada xa está aberta. Os interesados poden atopar toda a información na paxina web valadouro.org e no teléfono da oficina de cultura, 982.57.15.16. O mesmo día do desfile os participantes poderán inscribirse nas instalacións do Parque Concepción Arenal, de 15.30 a 16.30 horas.

Posteriormente haberá un baile de disfraces amenizado pola discoteca móbil Eventec no pavillón municipal.

RÚAS CORTADAS

O Concello terá cortadas ao tráfico para o desfile as Rúas Andrés López Palmeiro, Xistral e Fonte Nova así como a Avenida de Viveiro e Avenida da Costa. Tódolos aparcadoiros municipais estarán dispoñibles excepto a Praza de Santa María e a Rúa Andrés López Palmeiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here