IniciosociedadeRibadeo e Barreiros pedirán un obradoiro de emprego conxunto para dixitalizar os...

Ribadeo e Barreiros pedirán un obradoiro de emprego conxunto para dixitalizar os arquivos municipais

Esta tarde celebrouse un pleno extraordinario urxente no consistorio ribadense para abordar o convenio administrativo de colaboración

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de Ribadeo e de Barreiros anunciaron que solicitarán á Xunta de Galicia un obradoiro de emprego conxunto para a conservación e dixitalización dos seus arquivos históricos municipais. Esta tarde celebrouse un pleno extraordinario urxente no consistorio ribadense para abordar o convenio administrativo de colaboración.

O alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, lembrou que “xa levamos varios anos traballando nesta dixitalización, ordenación e restauración do arquivo histórico municipal de Ribadeo, que ten varios séculos de antigüidade e con moitísima información, co cal é unha marabilla non soamente para os veciños senón para todos os estudosos da historia e tamén para o día a día dunha administración pública como é o Concello”. A intención é dar un paso máis e, deste xeito, ambas administracións presentarán este novo proxecto á Xunta de Galicia.

A alcaldesa de Barreiros, a tamén nacionalista Ana Ermida, declarou que “no caso do Concello de Barreiros tratamos de aproveitar a experiencia e as sinerxias que poden xurdir co de Ribadeo, porque este é un obradoiro no que eles xa levan anos traballando e que nos pode beneficiar, por un lado para poñer a disposición do público o arquivo histórico que poida existir, facelo público, dixitalizado e conservalo. Tamén para facilitar o traballo mesmo dos empregados municipais á hora de organizar a documentación e facilitar o acceso á información, ademais de contribuír á formación profesional das rapazas e rapaces entre 18 e 30 anos e así consolidar que poidan desenvolverse profesionalmente nos nosos municipios”.

‘RIBADEO ALÉN DO CAMIÑO’, EN MARCHA

Ermida e Suárez Barcia pasaron esta mañá polo obradoiro ‘Ribadeo alén do Camiño‘, que se desenvolve no Concello de Ribadeo e coñeceron o traballo que as súas 20 alumnas e alumnos están a realizar desde finais do pasado mes de novembro e ata o vindeiro mes de agosto. Tamén visitaron o arquivo histórico municipal, onde puideron ver planos dunha colexiata de 1787.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...