IniciosociedadeBarreiros elimina a lista de espera para o Servizo de Axuda no...

Barreiros elimina a lista de espera para o Servizo de Axuda no Fogar

O Concello obtivo resposta da Xunta tras solicitar unha mellora de 300 horas mensuais que supón un incremento no orzamento de 30.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O goberno municipal de Barreiros vén de aumentar no mes de xaneiro as horas de atención a persoas dependentes, tras solicitarlle á Xunta de Galicia a concesión de máis horas, “pasando a atender a todas as persoas que o tiñan solicitado e eliminando a lista de espera neste servizo”, segundo expuxo o Concello.

A concelleira de servizos sociais, a socialista Carmen Veiga, explica que “a Xunta ofertou unha cantidade de horas que os concellos poden solicitar para ampliar a atención a persoas dependentes e o goberno municipal apostou por solicitar un número suficiente para que non quedase ningunha persoa sen atención no fogar en Barreiros”.

25 PERSOAS CONTRATADAS

Para poder prestar este servizo, o concello ten contratadas a 25 auxiliares para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que realizan o seu traballo de luns a domingo, en función da demanda das persoas usuarias.

O incremento asumido en xaneiro ascende a 300 horas mensuais, o que supuxo o incremento do orzamento neste servizo en 30.000 euros anuais; demostrando “o compromiso deste goberno municipal coa atención e os servizos ás persoas maiores”, asegura a rexedora barreirense, a nacionalista Ana Ermida.

Actualmente, o consistorio barreirense presta un total de 1.775 horas mensuais, das que case 1.500 se corresponden con horas de atención a persoas dependentes.

“O goberno municipal é consciente da necesidade da prestación dun servizo público de calidade e da necesidade das persoas maiores de contar con servizos e coidados. Por iso, aínda na delicada situación económica municipal, o incremento de orzamento que poida sacarse do aforro en gastos menos prioritarios, irá destinado a mellorar e ampliar os servizos básicos, como pode ser o caso”, manifestan desde o goberno.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...