O Centro Comercial Histórico (CCH) de Viveiro, en colaboración co Concello, impulsa do 21 ao 23 de agosto a sexta edición da Feira de Stocks. A cita celebrarase nos xardíns Noriega Varela.
Doce postos de diversos sectores –moda de adultos e nenos, regalos e complementos, roupa e material deportivos, mobles, decoración, artigos do fogar– participarán na feira, que segundo o colectivo de comerciantes ofrecerá “verdadeiras gangas” aos clientes. Así, resalta o CCH, as tendas poderán liquidar o stock e os clientes mercar artigos de primeira calidade a “prezos moi reducidos”.
O DÍA 15, ABERTO
O mércores 15 de agosto, os negocios asociados ao CCH de Viveiro abrirá as suas portas pola mañá en horario especial de festivos, de 11.00 a 14.00 horas.