A Mariña estará desde esta noite en alerta laranxa por vento e temporal costeiro

Agárdanse refachos de ata 100 km/h en toda a comarca e aire na costa de forza 8 e 9

Faro do Cargadeiro na ría de Ribadeo. EFE/ELISEO TRIGO

A Dirección Xeral de Urxencias e Interior activou unha alerta laranxa por vento en Lugo (Mariña Lucense e A Montaña), no interior de Pontevedra e na Coruña, separadamente doutra advertencia de segundo grao de perigosidade, neste caso por temporal costeiro, na bisbarra mariñá e A Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteorología (Aemet), os fenómenos meteorolóxicos adversos costeiro e de vento comezarán a primeiras horas da noite deste venres e os refachos de vento do sur e suroeste en terra poderían alcanzar os cen quilómetros por hora.

Advertencia da Xunta por vento. AXM

Na costa, sinala o comunicado remitido á prensa, espéranse ventos do suroeste de forza 8 e ocasionalmente 9.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here