IniciosociedadeAlertan da falta de gardas na Mariña, ao cubrirse 3 de 25...

Alertan da falta de gardas na Mariña, ao cubrirse 3 de 25 vacantes xeradas na designación de destinos

UniónGC advirte de que no verán "haberá un problema serio", pola "acumulación de avisos" cando varias poboacións da comarca multipliquen o seu número de habitantes

Publicada o

- Advertisement -

O sindicato Unión de Gardas Civís (UniónGC) alerta do déficit de axentes na Mariña Lucense despois de o Goberno central cubrise tres vacantes cando no pasado mes de xaneiro marcharan 25 integrantes da Compañía de Burela por mor da designación de destinos. Daquela incorporáranse dez traballadores para paliar baixas de exercicios anteriores.

A agrupación cualifica de “abandono” a actitude da Adminstración con respecto á Compañía da bisbarra -que abrangue os postos do VicedoViveiroXove, Burela, FozBarreirosRibadeoFerreira do ValadouroMondoñedo e A Pontenova– e tamén á provincia de Lugo, onde se incorporarán un total de cinco axentes “cando estimamos que serían necesarios entre 80 e 90 máis dos que hai agora no cadro de persoal”, sostén Marcelino García, presidente da asociación.

UniónGC critica que “só se ofrecesen tres vacantes, polo que nin querendo pode vir ninguen máis”, e lamenta “que non se nos dá xustificación ningunha” sobre esta merma do persoal, “a pesar das nosas peticións”. Hai cuarteis que quedan moi tocados, con dous ou tres axentes“.

A central sindical lembra que a “escaseza” de persoal suporá “un problema serio, especialmente no verán, cando poboacións da Mariña Lucense como Ribadeo, Barreiros, Viveiro ou Foz multiplican o seu número de residentes e teremos menos gardas ca no verán pasado“. UniónGC xa alertara a principios do 2019 sobre as dificultades da Garda Civil ante a cantidade de roubos que se producen en inverno nalgunhas zonas turísticas da Mariña, onde abundan as segundas residencias. Tamén resalta que “estase a coordinar o plan para o Xacobeo 2021, cando se esperan moitos visitantes”.

PREVÉ “DEMORAS” NOS TEMPOS DE REACCIÓN

Deste xeito, UniónGC prevé que o déficit de gardas civís afecte “aos tempos de reacción ante un aviso, porque se soamente hai unha patrulla para toda A Mariña vánselle amontoar os sucesos. Tamén na tramitación de documentos ou resolución de casos, haberá máis demora nos prazos”, argumenta. Unha situación que non paliarán, ao seu xuízo, os axentes en prácticas que poidan chegar. “Marcharanse aos nove meses, e estamos falando de persoal fixo”, razoa.

SEN REACCIÓN AO MOVEMENTO DE PERSOAL

“O que pedimos é que se anuncien todas as prazas que foron quedando descubertas, e que se fagan en vacante cero, para que se no movemento de destinos se van dous gardas, estas marchas se poidan cubrir con xente peticionaria. Tal e como o fixeron a convocatoria, non se pode reaccionar ante o caso de que o persoal marche para outras Comandancias. Mentres que si se utiliza este mecanismo en lugares como Madrid, levamos anos así na provincia de Lugo e en Galicia. Conforme hai movementos imos perdendo efectivos”, censura García.

Preguntado pola posibilidade da perda de algún dos postos da Mariña, dada a merma do persoal, García non ve perigar ningún, aínda que “hai cuarteis que quedan moi tocados, con dous ou tres axentes, polo que a operatividade vese moi prexudicada. Perdemos efectivos e envellécese o persoal”, indica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...