IniciosociedadeRibadeo convida a reflexionar sobre "as oportunidades" que brinda o Xacobeo 2021...

Ribadeo convida a reflexionar sobre “as oportunidades” que brinda o Xacobeo 2021 ao municipio

O Concello impulsa unhas xornadas, os días 27 e 28 de marzo, que serán un foro de debate arredor do Camiño entre profesionais do turismo, xestores culturais, empresarios e veciños

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá os días 27 e 28 de marzo as xornadas ‘O Camiño Norte como fonte de desenvolvemento‘, que foron presentadas polo concelleiro de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso Iglesias. As inscricións xa poden realizarse en xornadas@ribadeocaminonorte.gal.

O edil ribadense dixo que “o Xacobeo 2021 vai constituír unha oportunidade única e extraordinaria, sobre a base das peregrinacións e o Camiño de Santiago, de repercusión mundial. Permitiranos poñer en valor a nosa cultura, a paisaxe, a nosa memoria e o talento local para atraer recursos e dinamizar a nosa economía, especialmente nas zonas rurais, e para impulsar accións innovadoras”, expuxo.

O concelleiro nacionalista explicou que nas xornadas “analizarase o Camiño dende diferentes perspectivas (histórica, espiritual, cultural, paisaxística) e combinarase a organización de mesas – coloquio coa realización de diferentes talleres e workshops moi prácticos e participativos, que permitirán achegar aos participantes á situación actual que presenta a xestión e os servizos asociados ao Camiño e a figura do peregrino coa finalidade de garantir uns servizos e produtos de calidade respectuosos cos valores e a esencia da ruta xacobea”.

O ALOXAMENTO, UN PROBLEMA A RESOLVER

Vizoso salientou que “se tratarán asuntos como os retos e oportunidades que presenta a celebración do próximo Xacobeo 21 como factor de desenvolvemento económico para os Concellos do occidente asturiano e da Mariña lucense; a normativa e problemática que rodea ao ámbito do aloxamento vinculado ao Camiño; a importancia de preservar a súa paisaxe; así como as directrices que deben guiar a oferta de servizos e produtos de calidade ligados á ruta e a figura do peregrino”.

FONTE XERADORA DE RIQUEZA

O programa aspirará a concretar tres obxectivos: difundir entre a cidadanía as potencialidades que ofrece o Camiño Norte ao seu paso polo municipio como fonte xeradora de riqueza e desenvolvemento local; xerar un foro de debate entre profesionais do sector turístico (guías, técnicos de turismo, axencias, etc.), xestores culturais e a iniciativa privada coa finalidade de establecer medidas de xestión sostible do Camiño Norte ao seu paso por Ribadeo; e implicar ao tecido comercial e de servizos local na xestión e desenvolvemento das políticas e actuacións a desenvolver, fomentando o establecemento de boas prácticas”.

DAS CATEDRAIS Á CATEDRAL

As xornadas enmárcanse no programa Ribadeo alén do Camiño. O logotipo é unha imaxe que une a praia das Catedrais coa Catedral de Santiago: “así, propoñémosvos unha viaxe conxunta onde se abrazarían dúas das obras arquitectónicas máis importantes do noso país: aobra cume da arte universal e meta de miles de peregrinos que acoden a ela para render culto ao Apóstolo Santiago; e a praia de Augasantas, onde as poderosas ondas do Cantábrico labraron, co paso dos séculos, o que hoxe se antolla como capricho da natureza, e sorprenden ao semellarse máis a un decorado, minuciosamente trazado, que a unha sucesión de furnas, pasadizos e arcos”. O Concello aspira a, di Vizoso, “alcanzar con esta iniciativa o binomio entre patrimonio cultural e natural”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...