IniciosociedadeContinúa a inestabilidade, con ondas de ata seis metros na Mariña desde...

Continúa a inestabilidade, con ondas de ata seis metros na Mariña desde esta madrugada

A bisbarra permanecerá en alerta laranxa por temporal costeiro, con mar combinada do noroeste

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Urxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia activou a alerta laranxa polo temporal costeiro que comezará nas primeiras horas desta madrugada nas provincias da Coruña e Lugo.

Nun comunicado, a Xunta explica que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este fenómeno meteorolóxico adverso traerá mar combinada do noroeste con ondas de cinco a seis metros no noroeste e oeste da costa coruñesa, así como na Mariña Lucense.

RECOMENDACIÓNS

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Xunta informou da situación aos Concellos das provincias afectadas; diputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos para que adopten as medidas oportunas. Tamén recomenda permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, así como suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras e extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...