IniciosociedadePortos prevé derrubar nun máximo de seis meses os galpóns do peirao...

Portos prevé derrubar nun máximo de seis meses os galpóns do peirao vello de Viveiro

O ente autonómico dirimirá nos vindeiros días se licitar ou encomendar as obras, que teñen un prazo de execución de 60 días

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, anunciou que iniciou os trámites administrativos para contratar as obras de derrube dos catro galpóns do peirao vello de Viveiro.

En concreto, o ente autonómico dirimirá nos vindeiros días se quita as actuacións a concurso público ou se realiza unha encomenda de xestión para a execución das mesmas. Segundo fontes de Portos de Galicia, o proceso de contratación podería dilatarse entre dous e catro meses, cun prazo máis longo no caso da licitación.

o orzamento é de 120.000 euros e inclúe o derrubo das naves e o acondicionamento da zona “para uso común”

As obras contan cun orzamento de 120.000 euros, incluído nos presupostos para este ano de Portos de Galicia, e terán un prazo de execución de dous meses. O proxecto requeriu da reversión da titularidade das naves e inclúe o acondicionamento da zona, para darlle “un uso común”.

DEMANDA DO CONCELLO

A obra é unha demanda do Concello de Viveiro desde hai anos. Portos derrubou seis naves no 2005 e catro no 2014, pero fican outras catro que polo de agora frustran a intención de abrir a localidade ao mar.

o goberno local reclamou con insistencia a obra, que cre “necesaria por seguridade, estética e funcionalidade”

O goberno local insistiu en que, dado o seu mal estado, os galpóns representan un perigo, e resaltou que a súa demolición podería aliviar a necesidade de aumentar prazas de aparcamento nunha cidade que multiplica a súa poboación en verán.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...