IniciosociedadeO comercio de Viveiro sorteará entradas para o Roq Park entre os...

O comercio de Viveiro sorteará entradas para o Roq Park entre os clientes polo Día do Pai

Poderán participar quenes fagan compras durante a campaña do CCHV, do 9 ao 18 de marzo

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste luns 9 de marzo a Campaña do Día do Pai. Nesta ocasión, o colectivo aposta por sortear entradas para pais e fillos para o parque de Aventura Roq Parq en San Roque.

Serán un total de 20 entradas dobres, para que pais e fillos poidan desfrutar dunha aventura en plena natureza. Os menores deberán cumprir unha altura mínima de 1,10 metros. Os premios poderanse desfrutar as fins de semana entre abril e xuño previa comunicación ao número de teléfono indicado pola organización.

Os interesados poderán participar depositando un tique de compra por un importe mínimo de 20 euros nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios recibos con gastos inferiores ata sumar a mencionada cantidade.

Os tiques serán válidos polas compras realizadas dende o luns 9 ata o mércores 18 de marzo. O sorteo realizarase o venres 20, ás 16.00 horas nas oficinas da asociación, e comunicaráselle de inmediato ós gañadores. No caso de renuncia ao premio, procederase á extracción dun novo tique ata que apareza gañador.

As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.

OBXECTIVOS

Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, destaca o CCHV, son por unha parte premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...