IniciosociedadeO BNG pedirá no Congreso "medidas definitivas" para O Fiouco e alongar...

O BNG pedirá no Congreso “medidas definitivas” para O Fiouco e alongar o terceiro carril na N-634 ata a Xesta

A formación nacionalista critica que a autovía fica pechada "600 horas ao ano"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG anunciou que o representante da formación nacionalista no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, comprometeuse a “facer chegar ás  Cortes Xerais do Estado” propostas para reclamar ao Goberno central “medidas definitivas” para mellorar a seguridade na A-8 á altura do Fiouco, nun treito pechado con frecuencia por néboa, e para habilitar un terceiro carril de subida na N-634, que supón a alternativa á Autovía do Cantábrico.

Rego visitou a zona acompañado do voceiro do partido frontista en Mondoñedo, Eloi Cabanas, e comprometeuse a levar ao Congreso mocións presentadas con anterioridade tanto no Concello como na Deputación de Lugo.

No tocante á N-634, ademais de esixir melloras no pavimento ou na sinalización horizontal e vertical da estrada, para mellorar a fluidez e a seguridade do tráfico, Rego proporá tamén a prolongación do terceiro carril de subida da estrada nacional ata achegalo a rotonda de enlace coa autovía no alto da Xesta.

Con respecto á A-8, Cabanas apunta que a autovía permanece pechada unha media de 600 horas ao ano e lamenta que seis anos despois da súa inauguración “o Ministerio siga aínda falando de estudos e de probas de prototipos para paliar a falta de visibilidade no tramo do Fiouco ou que a N-634 siga nas mesmas condicións que cando se desviou o trafico por primeira vez no ano 2014″.

O edil mindoniense lembra que en xullo de 2014 o BNG xa presentara iniciativas nas Cortes Xerais por medio da deputada nacionalista Rosana Pérez para demandar mellores accesos a Mondoñedo e maior seguridade na A-8, pero “foron rexeitadas cos votos en contra do Partido Popular“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...