O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz sorteará 300 euros na súa campaña do Día do Pai. As persoas que realicen estes días as súas compras nos 75 establecementos asociados ao colectivo de empresarios que participan nesta cita entrarán no sorteo de seis vales de compra por valor de 50 euros cada un deles.
O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 23 de marzo. O CCA de Foz “continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo, no que tamén se festexa San Xosé, a xornada dos Pepes, das Pepitas, das Xosefas e dos Xosés”, expón o colectivo.