IniciosociedadeConta atrás para a Festa do Ourizo, na que Buenavista gaña o...

Conta atrás para a Festa do Ourizo, na que Buenavista gaña o premio á mellor tapa

"Trampantojo de erizo" foi o petisco máis valorado pola Asociación de Cociñeiros da Mariña; O Faro e A Bodega acadaron o segundo e terceiro posto

Publicada o

- Advertisement -

O restaurante Buenavista, con “Trampantojo de erizo”, foi o gañador do concurso de tapas de vixésimo novena edición da Festa do Ourizo, que se celebrará o vindeiro sábado, 14 de marzo, na Praza dos Campos.

En total, os hostaleiros participantes -Buenavista, O Faro, Nordesía, A Bodega, O Noso Lar, As Titas e Maruxaina– presentaron 14 tapas ao certame. As bases permitían presentar dúas como máximo.

As receitas. AXM

O segundo posto foi para O Faro, con “Saquito Filo Tierra-Mar” e o terceiro para A Bodega por “Canutillos de erizo“.

O xurado estivo composto por tres dos membros da Asociación de Cociñeiros da Mariña LucenseJesús Villarino, Míchel Cociña e Bruno Pena-, que ofrecerá un showcooking durante a exaltación gastronómica e tamén participará no MasterChef infantil, no que os pequenos recibirán de regalo un delantal.

A Festa do Ourizo, declarada de Interese Turístico Galego, contén un amplo programa de actividades paralelas que podes consultar nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...