IniciosociedadeTomé compromete beiravías e a ampliación da ponte do tren na estrada...

Tomé compromete beiravías e a ampliación da ponte do tren na estrada de Vilela

O presidente da Deputación anunciou ao alcalde ribadense o "inicio inmediato" da redacción do proxecto para mellorar a LU-P-5207, "perigosa" polo cruzamento de coches e peóns

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo comprometeuse co Concello de Ribadeo a iniciar “de inmediato” a redacción do proxecto para a mellora da estrada de Vilela (LU-P-5207) a vía provincial que discorre polo ámbito urbano da vila ribadense, concretamente o treito que vai paralelo ao campo de fútbol municipal ata a ponte de Feve, no barrio do Covo, pertencente á parroquia de Ove.

Así o expuxo o presidente do goberno provincial, José Tomé, nunha xuntanza mantida o pasado martes no Pazo de San Marcos co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia. Segundo explicou o responsable da Deputación, “os técnicos da Deputación desprazaranse nos vindeiros días a Ribadeo para iniciar a redacción dun proxecto para mellorar a seguridade viaria, tanto de condutores como de peóns, que contemplará a dotación dunha capa de aglomerado asfáltico e a construción de beiravías, así como a ampliación da ponte sobre a vía do tren de ancho métrico coa instalación dunha pasarela voada“.

Este proxecto deberá contar coas autorizacións pertinentes, entre elas de Adif, que depende do Ministerio de Transportes, para proceder seguidamente á licitación dos traballos.

USADA PARA IR AO CAMPO DE FÚTBOL

Suárez Barcia lembrou que “desde hai varios anos, e a través de numerosos escritos da alcaldía, mocións de diferentes partidos políticos, viñemos manifestando a necesidade de arranxo, a construción de beirarrúas así como a ampliación no posible da ponte de Feve. Hai que ter en conta que esta estrada é moi frecuentada por viandantes, especialmente a rapazada que acode aos adestramentos do campo que o Concello ten ao pé da vía do tren, en Ove, o que, con noite ou con mal tempo, faina especialmente perigosa cando se cruzan vehículos e peóns”, remarcou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...