IniciosociedadeViveiro, Cervo ou Trabada, entre os cen lugares galegos que festexan o...

Viveiro, Cervo ou Trabada, entre os cen lugares galegos que festexan o San Roque

O 16 de agosto é un dos días do verán con máis celebracións na comunidade

Publicada o

- Advertisement -

O 16 de agosto é un día especial en Galicia, un dos máis sinalados do verán. Máis dun centenar de localidades galegas festexan o San Roque este xoves, entre elas varias mariñás, como Viveiro, Cervo, Trabada, Ribadeo ou Carballido, en Alfoz

En Viveiro, a xornada festiva comezará coa romería no alto de San Roque, onde se celebrará a misa ás 10.00 horas. Ás 11.00 haberá pasarrúas do Cuarteto Xaramolo. Ás 22.00 horas, Ramón Mirabet, terceiro na edición francesa de Operación Triunfo, actuará na Praza Maior e ao remate do concerto comezará a verbena con Costa Dorada, nos xardíns de Noriega Varela.

En Cervo, a misa celebrarase ás 12.30 horas. Alma Latina ocuparase da sesión vermú, desde as 14.00, e da verbena, a partir das 22.00. En Trabada, a celebración relixiosa será ás 13.00 horas; Trébol encargarase do baile tanto antes de xantar como á noite, cando actuará The Sound Project e os asistentes poderán degustar unha queimada.

Tamén haberá festa en Ribadeo. Ás 11.30 horas sairán Cocos e Cabezudos. Ás 12.30 será a misa e ao remate haberá concerto da banda municipal. Pola noite, Palladium e Blanco & Negro poñerán ritmo á noite.

Ademais, Carballido, en Alfoz, celebrará o San Roque con misa e procesión, ademais de sesión vermú e verbena co Grupo Fénix.

CATRO PROVINCIAS

A actividade festiva toca case cada curruncho de Galicia no 16 de agosto. En Pontevedra celebran o San Roque as localidades de Vilagarcía de Arousa, Illa de Arousa, Poio, Caldas de Reis, Lalín, Sanxenxo, Mondariz, Vigo, Cuntis, Gondomar, O Porriño, Vilanova de Arousa, O Grove, Barro, Silleda, Arbo e Cangas, entre outras.

Na

Coruña, Cedeira, Cee, Cambre, A Laracha, Padrón, Arteixo, Brión, Tordoia, Trazo, Vilasantar e Santiago tamén están de festa o 16 de agosto. En Ourense, haberá celebracións en Montederramo, O Irixo, Amoeiro ou Cenlle. Ademais, en Lugo, Monforte de Lemos ou Vilalba gozarán de actividades e verbenas este xoves.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...