IniciosociedadeA Festa do Ourizo, suspendida "á espera da evolución" do coronavirus

A Festa do Ourizo, suspendida “á espera da evolución” do coronavirus

A vixésimo novena edición da exaltación gastronómica ía celebrarse o vindeiro sábado

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo informou a última hora deste martes de que a vixésimo novena Festa do Ourizo, que se ía celebrar este sábado en San Cibrao, queda suspendida ante a “emerxencia sanitaria” provocada polo coronavirus, “á espera da evolución dos acontecementos”.

O goberno local mantivo unha reunión coa hostalería da zona para informala da súa decisión. Horas antes, a Xunta de Galicia recomendou evitar a celebración de eventos de todo tipo con “aforos superiores ás mil persoas” para evitar risco de contaxios.

Por agora, son 27 as persoas infectadas en Galicia, entre eles un veciño de Foz, que permanece illado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Ademais, hai outros tres casos en observación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...