Malestar pola volta de madrileños ás súas segundas residencias en Galicia pese ás recomendacións sanitarias

Vilas turísticas como Sanxenxo ou Portonovo están "como en verán" e a chegada de persoas procedentes do principal foco de coronavirus do Estado nótase tamén en Viveiro

Covas. GOOGLE MAPS

A chegada de persoas procedentes da Comunidade de Madrid ao litoral galego, lugar onde a maioría delas teñen segundas residencias, provocou o malestar en Galicia, dado que a capital do Estado é o principal foco da epidemia do coronavirus en España. Malia as advertencias das autoridades sanitarias para que se reduzan as viaxes, coa intención de non espallar a epidemia, o medo pode máis e pobos como Baiona, Sanxenxo ou Nigrán están “como en verán”, segundo os colectivos veciñais. Este fenómeno tamén pode percibirse na Mariña Lucense, en lugares como Viveiro.

O propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu a situación e avanzou que haberá “recomendacións explícitas” para persoas que se desprazaron desde Madrid e para as súas familias, principalmente o illamento. Tamén para os moitos galegos que estudan na capital estatal e que, trala suspensión das clases e en contra das advertencias, están tamén a volver á casa. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

4 COMMENTS

  1. Recomendacións explícitas… Xa, porque todo o mundo sabe que, se hai algo que respecta a xente sen respecto, é precisamente unha “recomendación”. Por desgraza, aquí as persoas (digo “persoas” por dicir algo, vaia) só entenden a linguaxe dos cartos: boas multas por insolidarios e de volta para casa, que estaba moi bonito dicir iso de “Os chinos/italianos que non veñan”, pero ferveulles o cu por saír da cidade. O peor de todo é que os que pagarán a súa inconsciencia serán outros sen culpa, non eles, que están de “vacacións”…

    Premio especial do xurado para todos eses universitarios que volveron a casa tras os peches das universidades: serán universitarios, pero moi listiños non vos son cando non lles dá o caletre para entenderen que moitos deles viven en núcleos rurais e con alta densidade de persoas maiores.

  2. Este fenómeno, no que a “recomendar” se refire, vai indo. Non sexa que a protección da saúde da cidadanía galega á que se debe tamén moleste… en Madrid.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here