IniciosociedadeA Xunta pecha bares, restaurantes e cafeterías e declara por primeira vez...

A Xunta pecha bares, restaurantes e cafeterías e declara por primeira vez o estado de emerxencia sanitario

Non estarán afectados por esta medida pescaderías, carniceiras ou froiterías, nin tampouco os servizos de restauración dos hoteis sempre que só sirvan para clientes

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia activou este venres, e por primeira vez na historia da Comunidade galega, o estado de emerxencia sanitario que implica o peche de todos os comercios, agás aqueles dedicados á alimentación como panaderías, froiterías, pescaderías, carnicerías ou quioscos.

Bares, restaurantes e cafeterías permanecerán polo tanto pechados ao público por mor do coronavirus. Non están afectados por esta medida, que entrará en vigor á media noite, os servizos de restauración dos hoteis, sempre que só sirvan para clientes, e os establecementos de instalacións de servizos públicos.

Moitos dos locais de hostalería da Mariña Lucense xa estaban pechados para cando o Goberno autonómico anunciou esta medida de contención da epidemia, e mesmo a Acisa Ribadeo emitiu un comunicado no que aconsellou a clausura aos seus asociados. Podes ler a información completa nesta ligazón do Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...