IniciosociedadeXa son 153 os casos de coronavirus en Galicia con 18 novos...

Xa son 153 os casos de coronavirus en Galicia con 18 novos positivos este sábado

115 permanecen illados nos seus domicilios, 31 están hospitalizados en áreas convencionais e sete están na UCI

Publicada o

Galicia rexistra 153 infectados por coronavirus, dos que 115 permanecen illados nos seus domicilios, 31 están hospitalizados en áreas convencionais e sete están na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) –catro na Coruña, dous en Vigo e un en Santiago de Compostela–. Con iso, o nivel de contaxio en Galicia sitúase en 5,73 por cada 100.000 habitantes, por baixo da media do conxunto do Estado, que está en torno ao 12 por cada 100.000 habitantes. Este sábado documentouse a primeira morte pola epidemia na comunidade, unha muller de 92 anos de Vigo que tiña doenzas previas. Tamén se deron as primeiras catro altas, na zona da Coruña. Podes ler a información completa nesta ligazón do Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...