A Consellería de Sanidade informou este domingo que os infectados por coronavirus en Galicia ascenden xa a 189, 36 máis que no último boletín oficial, anunciado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a pasada noite de sábado.
Oito están na UCI, 33 en unidades de hospitalización e 148 reciben atención no seu domicilio. Ademais, rexistráronse catro altas e dúas persoas faleceron, en Vigo e Pontevedra. Por ámbitos territoriais, 72 dos infectados pertencen á área da Coruña, 36 a Vigo, 27 a Santiago, 22 a Ourense, 18 a Pontevedra, nove a Lugo e 5 a Ferrol.
Máis información en Galicia Confidencial.