A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que, na última actualización deste luns, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 239, deles 80 son da área da Coruña, 16 da de Lugo, 28 da de Ourense, 26 da de Pontevedra, 46 da área de Vigo, 37 da de Santiago de Compostela, e seis da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 9 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 181 no domicilio. Por outra banda, rexistráronxe xa as catro primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O número de probas de proteína C reactiva (PCR) realizadas é de 1.680. Rexistráronse tres falecementos, o último rexistrouse no centro hospitalario coruñés. Trátase dun varón, de 45 anos, que tiña varias patoloxías previas. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.