IniciosociedadeDez novos positivos da epidemia na provincia, para un total de 26

Dez novos positivos da epidemia na provincia, para un total de 26

Segundo os datos ofrecidos pola Xunta, documentáronse 285 na comunidade galega, mentres que o Estado contabiliza 292

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia informa de que, segundo a última actualización de datos, o número de casos positivos de coronavirus na comunidade ascende a 285. Deles, 84 son da área sanitaria da Coruña, 26 da de Lugo, 32 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 49 da zona de Vigo, 50 da de Santiago de Compostela, e sete da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 9 permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 52 están en unidades de hospitalización e 224 no domicilio. Polo de agora en Galicia rexistráronse catro altas de pacientes e tres falecementos.

O número de probas de proteína C reactivas (PCR) realizadas é de 2.099. Podes consultar o mapa do coronavirus no Estado nesta ligazón do Galicia Confidencial (os datos varían lixeiramente, con 292 positivos na comunidade, pois son ofrecidos non pola Xunta, senón polo Ministerio de Sanidade).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...