IniciosociedadeCervo mantén ao 100% os servizos de Axuda no Fogar e dependencia

Cervo mantén ao 100% os servizos de Axuda no Fogar e dependencia

O goberno local habilita un teléfono para os veciños que non teñen quen lles leve a compra ou fármacos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anunciou que vén de activar esta tarde o Plan de Emerxencias Municipal en fase de alerta (PEMU) para a coordinación e mobilización de todos os efectivos dispoñibles para facer fronte á crise do coronavirus. Así mesmo, tamén se constituíu a Comisión Municipal de Seguimento da evolución do Covid-19 formada polo alcalde, os concelleiros delegados, a responsable da policía local, o responsable do servizo de Emerxencias e Protección Civil e o responsable dos servizos administrativos municipais.

O Concello de Cervo “mantén os servizos de Axuda no Fogar e de dependencia ao 100%, priorizando e garantindo así a atención das persoas maiores e dependentes do municipio, que é un dos colectivos máis vulnerables nesta crise sanitaria provocada polo coronavirus”, expuxo o goberno municipal a través dun comunicado de prensa.

Así, 14 profesionais acoden diariamente aos domicilios que tiñan asignados “para asistir en todo o que precisen ás persoas maiores e/ou dependentes extremando ao máximo as medidas de prevención e protección fixadas por Sanidade para garantir tanto a súa seguridade como a das persoas usuarias que precisan dos seus servizos”.

RECOLLIDA DE LIXO, SANEAMENTO E ABASTECEMENTO

Ademais, os servizos considerados esenciais como a recollida de lixo, o saneamento ou o abastecemento de auga continúan operativos “seguindo estritamente as directrices marcadas polos organismos competentes. Neste apartado tamén se inclúe a limpeza viaria e de zonas verdes e parques por hixiene e salubridade pública”, expón a nota.

O Concello de Cervo estableceu un horario de 9.00 a 14.00 horas para o persoal municipal que integra estes servizos esenciais.

SEN MERCADO EN SAN CIBRAO

O Mercado Semanal de San Cibrao non se celebrará este xoves, como medida preventiva.

Por outra banda, desde a delegación de Servizos Sociais apuntan que se algún veciño precisa que se lle leve a compra ou medicamentos á casa porque non conta cos medios necesarios para facelo, pode chamar ao teléfono 982.55.77.77 –en horario de 9.00 a 14.00 horas- ou ao 615.51.92.98-, ao longo de todo o día, e recibirá a asistencia necesaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...