Unha xogadora do Burela FSF, enfermeira, ofrécese para prestar servizo no País Vasco

Trátase da pivote Cris, que ten contrato profesional coa entidade laranxa

Luci e Peque abrazan a Cris tras un gol. PESCADOS RUBÉN BURELA

Unha xogadora do Pescados Rubén Burela FSF, Cristina Pérez, coñecida deportivamente como Cris, ofreceuse como enfermeira no País Vasco para prestar servizo nestes momentos complicados pola propagación do coronavirus.

A futbolista explicou no seu perfil nas redes sociais que se puxo en contacto co Servizo Vasco de Saúde” para que conten con ela “en caso necesario”. A xogadora, coñecida pola súa tenacidade e que vén de superar unha longa lesión de xeonllo, tamén pediu axuda para atopar vivenda na zona.


Cristina Pérez ten contrato profesional no equipo que milita na máxima categoría do fútbol español e ademais é enfermeira. O País Vasco é un dos principais focos da doenza en España, con 965 casos diagnosticados e 40 mortos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here