IniciosociedadeUn total de 104 empresas da provincia presentaron Ertes, que afectarán a...

Un total de 104 empresas da provincia presentaron Ertes, que afectarán a 505 traballadores

A nivel galego, 630 empresas -con 5.187 obreiros afectados- presentaron solicitude para realizar este procedemento que permite suspender contratos de forma temporal

Publicada o

- Advertisement -

Na provincia de Lugo presentáronse ata este mércores un total de 104 expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes), que afectarán a un total de 505 traballadores, segundo confirmou a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A nivel da comunidade autónoma, 630 empresas -con 5.187 obreiros afectados- presentaron ata hoxe unha solicitude para realizar este procedemento que permite suspender de forma temporal contratos aos traballadores ou reducir a xornada laboral. O pasado luns, a Xunta de Galicia contabilizaba 184 solicitudes, o que dá unha idea da incidencia económica do coronavirus e tamén do incremento deste tipo de medidas despois da normativa aprobada polo Goberno central para axilizar os Ertes.

O Executivo central axilizou os trámites nun prazo de sete días para responder á elevada demanda destes procedementos; os traballadores afectados terán dereito a percibir a prestación contributiva por desemprego e a que ese tempo consumido de paro non conte como gastado.

A CIG RESOLVE PREGUNTAS

A CIG publicou un artigo informativo para todos aqueles obreiros que se vexan implicados nun destes procedementos, pero tamén para quenes teñen dúbidas sobre outras cuestións laborais relacionadas co coronavirus.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...