Iniciosociedade(VÍDEO) Unha farmacia de Burela vese obrigada a desmentir dous supostos positivos...

(VÍDEO) Unha farmacia de Burela vese obrigada a desmentir dous supostos positivos do persoal

Tras espallarse "ruxerruxes", o establecemento nega que unha traballadora e a titular contraeran o coronavirus; a primeira realizou a proba tras unha viaxe a Madrid e resultou negativa

Publicada o

- Advertisement -

Unha farmacia de Burela veuse obrigada este mércores a realizar un vídeo que publicou en redes sociais para desmentir que dúas das súas traballadoras tivesen coronavirus, despois de que se espallasen entre a veciñanza varios “ruxerruxes” en relación con supostos positivos.

Na peza audiovisual, pendurada en Instagram, a titular de Farmacia Casariego explica cun “comunicado oficial” que malia que unha das traballadoras realizou unha viaxe a Madrid e volveu con algúns síntomas similares aos do coronavirus, someteuse á proba pola doenza e deu resultado negativo.

A farmacéutica titular tamén desminte tamén ter sido infectada, despois de que se dixese “que teño a enfermidade. Estou sana e non teño síntomas que se lle parezan. Todo o noso persoal está sano e tomando as medidas de precaución necesarias”, conclúe.

Este tipo de comentarios, de seren falsos, poden xerar unha alarma social respecto de establecementos, como as farmacias, que permanecen abertas malia o estado de alarma e aos que se acode a diario -en moitos casos persoas maiores- a buscar medicamentos e produtos primeira necesidade. Unha sanitaria de Xove que si resultou infectada amosouse afectada polo espallamento entre a veciñanza dunha histeria similar respecto do seu caso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...