IniciosociedadeDiario de corentena: cando non dá "nin para cubrir a luz"

Diario de corentena: cando non dá “nin para cubrir a luz”

Na nova entrega da bitácora colectiva libreiros, hostaleiras ou artesás testemuñan o impacto económico do coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

“Estes días máis que nunca, pola urxencia da actualidade e pola limitación dos desprazamentos, toca facer xornalismo telefónico.

Falo con Juan Luís, un rapaz que rexenta a Libraría Celia no núcleo urbano de Quiroga. Segundo comprobou coa súa xestoría pode abrir pero só o está facendo puntualmente e con horario reducido. Estes días vende revistas, algún libro -pouca cousa e algúns para colorear- e material de papelería como ceras, pinturas, folios…  Que se emprega agora nas casas para traballos e manualidades cos pequenos e pequenas. Ao falar do negocio e de números di claramente que estes días “non dá nin para cubrir a luz” e para venda online e a domicilio non hai movemento.

Neste punto lémbrome de Elena, a rapaza que rexenta o Bar Central, que gasta boa fama coa repostería. Pregúntolle se lle funciona a alternativa do servizo a domicilio e dime que non, “para a xente que me chamou estes días non me dá nin para quentar o forno”. O panorama é crítico aínda contando con que o dono do local non lle cobrará o alugueiro estes días.

Continúa a bitácora colectiva de Xornal de Lemos, Xornal de Lugo e Xornal da Mariña. Podes ler completa a nova entrega do Diario de Corentena nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...