IniciosociedadeUnha auxiliar de enfermería, segundo positivo dunha sanitaria no Hospital da Mariña

Unha auxiliar de enfermería, segundo positivo dunha sanitaria no Hospital da Mariña

O paciente de Viveiro ingresado por coronavirus atópase na Unidade de Coidados Intensivos

Publicada o

- Advertisement -

Unha auxiliar de enfermería de Burela que traballa no Hospital Público da Mariña deu positivo na proba por coronavirus, segundo puido saber este medio. Esta persoa atópase en confinamento domiciliario.

Trátase así do sétimo caso positivo desta enfermidade que se documenta de xeito oficial na Mariña Lucense, e o segundo dunha traballadora do centro hospitalario mariñao, despois de que unha sanitaria de Xove confirmase que padece o virus.

Polo momento hai un paciente ingresado no hospital da Mariña por coronavirus, un home de Viveiro duns 70 anos que se atopa na Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Outro doente permanece tamén no centro hospitalario á espera da confirmación do resultado desde o Centro Nacional de Microbioloxía (Majadahonda), despois dun primeiro test negativo.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...