O Sergas “estuda” a implantación do test rápido en Burela, que xa funciona en Lugo

As probas nos coches reducen as visitas aos domicilios e rebaixan o gasto dun recurso imprescindible e limitado como os EPI

Test rápido en coches. LA SEXTA

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegurou este venres que está “en estudo“, en principio en función da demanda e dos recursos sanitarios dispoñibles, a implantación no Hospital Público da Mariña do test rápido en coches para confirmar casos de coronavirus.

A Xunta de Galicia comprometeu “para todas as áreas sanitarias” este procedemento, que só se realiza con cita previa prescrita polo facultativo. O Sergas infirmou da implantación deste recurso en Vigo, Ourense e Lugo, que este venres se espallará á Coruña e Pontevedra e o vindeiro luns a Santiago e Ferrol.

Esta medida axiliza as probas a domicilio e reduce o gasto dun recurso imprescindible e limitado como os equipos de protección individual (EPIs), xa que nas visitas hai que cambialo por cada paciente. Podes ler toda a información no Xornal de Vigo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here