IniciosociedadeSuba importante dos positivos na provincia de Lugo

Suba importante dos positivos na provincia de Lugo

A área sanitaria lucense computou 18 novos casos de coronavirus nos dous últimos días, para un total de 56

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 721, o que supón 154 máis que este xoves, cando había 567. Ademais, os falecidos con coronavirus ata a data son 12, o dobre que hai 24 horas.

Así o informou a Consellería de Sanidade, que indicou que dos 721 contagios, 195 son da área sanitaria da Coruña; 54 a de Lugo; 74 a de Ourense; 112 de Pontevedra; 152 da de Vigo; 108 da de Santiago; e 26 da de Ferrol.

Do total de positivos, 28 permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 166 están en unidades de hospitalización e 527 no domicilio. Ademais, concretou Sanidade, fixéronse ata agora 4.137 probas de reacción en cadea da polimerase (PCR) para detectar positivos de Covid-19. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...