Unha das principais frontes de batalla contra o Covid-19 está nos laboratorios. Miles de científicos de todo o mundo están a traballar a un ritmo frenético –non hai precedentes de semellante esforzo colectivo no mundo da ciencia– para comprender o coronavirus desde múltiples perspectivas e atopar estratexias e solucións efectivas para frear a súa propagación e, finalmente, acabar coa pandemia. Nin sequera hai antecedentes da publicación en masa de traballos científicos en acceso público, libre e gratuíto como a que se está producindo.
Onde está a orixe da pandemia? Quen foi o “paciente cero”? Inflúen a idade e o sexo á hora de contraelo? Ten máis incidencia en homes ou mulleres? Cal é a taxa de contaxios? E a de letalidade e mortalidade? O Galicia Confidencial revisa preto de 200 artigos para responder a estas preguntas. Podes ler a información completa de Alberto Quián nesta ligazón.