O presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, trasladou na mañá deste domingo aos presidentes autonómicos que pedirá no Congreso a prórroga do estado de alarma durante outros 15 días, segundo informaron fontes autonómicas.
Deste xeito, o período de corentena estenderíase durante un mes e acabaría, se non é prorrogado novamente, o 11 de abril. Segundo o Executivo estatal poderianse, ademais, endurecer as medidas para evitar novos contaxios de coronavirus.
España acumula un total de 1.753 mortes por mor do coronavirus e o número de contaxiados ascende a 28.572 persoas, segundo os últimos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade.
Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.