Facebook Instagram Twitter Youtube
  • A MARIÑA
    • Occidental
      • Cervo
      • O Vicedo
      • Ourol
      • Viveiro
      • Xove
    • Central
      • Alfoz
      • Burela
      • Foz
      • Lourenzá
      • Mondoñedo
      • O Valadouro
    • Oriental
      • A Pontenova
      • Barreiros
      • Ribadeo
      • Riotorto
      • Trabada
  • Política
  • Economía
  • Cultura
  • M.ambiente e Patrimonio
  • Mov. Sociais
  • Deportes
  • Sucesos
Search
Xornal da MariñaInfluencerA INFORMACIÓN DA COSTA DE LUGO
Xornal da MariñaInfluencerA INFORMACIÓN DA COSTA DE LUGO
  • A MARIÑA
    • Occidental
      • Cervo
      • O Vicedo
      • Ourol
      • Viveiro
      • Xove
    • Central
      • Alfoz
      • Burela
      • Foz
      • Lourenzá
      • Mondoñedo
      • O Valadouro
    • Oriental
      • A Pontenova
      • Barreiros
      • Ribadeo
      • Riotorto
      • Trabada
  • Política
  • Economía
  • Cultura
  • M.ambiente e Patrimonio
  • Mov. Sociais
  • Deportes
  • Sucesos
IniciosociedadeBarreiros e Lourenzá posiciónanse contra un posible peche dos centros de saúde

Barreiros e Lourenzá posiciónanse contra un posible peche dos centros de saúde

As alcaldesas alertan de que reorganizar a atención primaria en Viveiro, Burela e Ribadeo suporía "aglomeracións" que poderían afectar "a poboación de risco"

CentralAlfozBurelaFozLourenzáMondoñedoO ValadouroOccidentalCervoO VicedoOurolViveiroXoveOrientalA PontenovaBarreirosRibadeoRiotortoTrabadasociedade

Publicada o

23 Marzo, 2020
POR Redacción
Facebook
Twitter
WhatsApp
Telegram
    Centro de saúde de Barreiros. GOOGLE MAPS
    - Advertisement -

    As alcaldesas de Barreiros e Lourenzá, Ana Ermida (BNG) e Rocío López (PSdeG-PSOE) respectivamente, posicionáronse este luns en contra do posible peche de centros de saúde na Mariña Lucense para reorganizar servizos e centralizar a atención en Viveiro, Burela e Ribadeo, unha opción que a Xunta de Galicia admite ter “en previsión”, pero sobre a que, sostén o Executivo autonómico, “non hai nada decidido”.

    Despois de que alcaldes da Terra Cha e sindicatos advertisen desta posibilidade, e “ante a falta de comunicación oficial algunha”, Ermida enviou un escrito á xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Cervo, Lugo e Monforte para manifestar a oposición do goberno municipal á medida.

    “Tendo en conta a situación excepcional que se está a producir, pero tamén consciencia de que a poboación maioritariamente usuaria do centro de saúde de Barreiros se corresponde con poboación de risco“, Ermida considera “preocupante que se opte por unha medida deste tipo, centralizando a atención nun único centro para a poboación de varios Concellos, cando todas as indicacións que se teñen trasladado á poboación van no sentido de evitar aglomeracións e/ou lugares concorridos“.

    “MÁIS DE 20 QUILÓMETROS PARA UNHA ATENCIÓN BÁSICA”

    A rexedora nacionalista salienta ademais que “existe un importante número de persoas usuarias habituais do centro de saúde que teñen que poñer tratamentos ou curas permanentes –Sintrom, por exemplo- que son poboación de risco, ben por idade ou por enfermidade crónica. As indicacións para elas son que eviten saídas e contactos, pero obrigaráselles nalgún caso a facer máis de 20 quilómetros para acceder a unha atención sanitaria básica, cando moita poboación carece de recursos para o desprazamento”. Neste sentido, Ermida remarca que esta situación obrigaría “a tomar transportes colectivos ou outras opcións que poden ser de dubidosa oportunidade”.

    RECLAMAN “INFORMACIÓN” SOBRE ESTA MEDIDA

    Finalmente, Ermida reclama “unha información detallada á poboación e ás institucións municipais, que especifique as razóns de tal decisión”.

    O goberno municipal de Lourenzá tampouco considera “atinado” o posible peche do centro do centro de saúde.

    López explica que “consideramos que o peche do centro de saúde non é a medida máis acertada posto que abrigará a toda a poboación a concentrarse en centros máis masificados, o que aumenta o risco de contaxio. Así mesmo debemos ter en conta que persoas dependentes con enfermidades crónicas son o grupo máis vulnerable e os que teñen máis dificultades para desprazarse a outra localidade”, argumenta.

    Deste xeito, o executivo local dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para que “teñan en conta estas consideracións á hora de tomar calquera decisión, agardando que nos comuniquen á maior brevidade posible calquera cambio referente ó centro de saúde de Lourenzá, así como os motivos que xustifiquen a toma de calquera decisión dese tipo”.

    • Tags
    • centro de saúde
    • Concello de Barreiros
    • Concello de Lourenzá
    • coronavirus
    • peche
    • Sergas
    • Xunta de Galicia

    ÚLTIMAS

    Cultura

    Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

    -Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...
    17 Febreiro, 2024
    Cervo

    ‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

    O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...
    17 Febreiro, 2024
    Movementos Sociais

    Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

    A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...
    16 Febreiro, 2024
    Trabada

    Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

    O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...
    16 Febreiro, 2024
    Xornal da MariñaXORNAL DA MARIÑAA INFORMACIÓN DA COSTA DE LUGO

    Xornal da Mariña é o primeiro gran xornal dixital en galego do norte da provincia de Lugo e terras do Eo

    • Que é AMX?
    • AVISO LEGAL
    • PUBLICIDADE
    • COOKIES

    SÍGUENOS

    © Xornal da Mariña