A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.170, deles 298 son da área da Coruña, 62 da de Lugo, 142 da de Ourense, 164 da de Pontevedra, 278 da área de Vigo, 189 da de Santiago de Compostela, e 37 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 46 permanecen en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 270 están en unidades de hospitalización e 854 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 19 falecementos. O último falecido foi un varón de 81 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti, e que tiña patoloxías previas.