Un total de 1.058 empresas da provincia de Lugo presentaron solicitudes para realizar expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes) desde o decreto do estado de alarma por mor do coronavirus, segundo precisou a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Deste xeito, o incremento das peticións na provincia é do 90,17% nun prazo de cinco días, segundo os datos facilitados a este medio o pasado 18 de marzo. Daquela, a Xunta de Galicia contabilizaba 104 solicitudes, que afectarían a 505 traballadores. Os 1.058 Ertes presentados afectarían a un total de 3.726 traballadores.
A nivel da comunidade autónoma, presentáronse un total de 8.726 Ertes, que afectarían a 45.440 empregados. É case o dobre dos computados o pasado venres, o que ofrece unha idea da incidencia económica da pandemia e tamén do incremento deste tipo de medidas despois da normativa aprobada polo Goberno central para axilizar os Ertes.
ERTES | PERSOAS TRABALLADORAS | |
A Coruña | 3.172 | 15.651 |
Lugo | 1.058 | 3.726 |
Ourense | 1.055 | 4.281 |
Pontevedra | 2.732 | 15.536 |
Autonómico | 251 | 5.509 |
Estatal | 8 | 737 |
TOTAL | 8.276 | 45.440 |
O Executivo central axilizou os trámites nun prazo de sete días para responder á elevada demanda destes procedementos; os traballadores afectados terán dereito a percibir a prestación contributiva por desemprego e a que ese tempo consumido de paro non conte como gastado.