Iniciosociedade"Hai días que fago mascariñas ata as dúas da mañá"

“Hai días que fago mascariñas ata as dúas da mañá”

A cervense Nati Fernández elabora elementos de protección cun material especial cedido grazas a unha colaboración entre Alcoa e o Concello

Publicada o

- Advertisement -

A cervense Nati Fernández, que rexenta a tenda Decoraciones Ajuar Mercería en Burela, leva preto dunha semana, desde que se decretou o estado de alarma por mor do coronavirus, fabricando mascariñas de xeito altruísta para abastecer a profesionais que teñan traballo de cara ao público, como persoal sanitario ou de seguridade.

Fernández empezou a elaborar os elementos de protección nun primeiro momento con tea de algodón. Agora dispón dun tecido especial grazas a unha colaboración entre a área de Servizos Sociais do Concello de Cervo e Alcoa, que cedeu o material a petición do goberno municipal.

“Decidín tomar esta iniciativa ante a necesidade que había; preguntei se había algún material que serviría para hospitais e dixéronme que non, así que comecei con tea de algodón da miña propiedade. Este material que me cederon é un papel denso, que vén en rolos grandes e que é forte, cósese moi ben. Ocorre que é de usar e tirar”, indica.

Esta cervense precisa que “hoxe comecei no taller ás 9.30 horas e probablemente acabarei ás 21.00 horas. Pero vou comer á casa, eh?”, sorrí, para admitir despois que nos momentos de maior demanda de mascariñas, distribuídas polos Servizos Sociais municipais, “seguín na casa e cheguei a facelas ata as dúas da mañá“.

É a maneira, precisa, de colaborar nunha situación na que o feito de quedar na casa, que é segundo as autoridades sanitarias o mellor para todos, pode provocar unha sensación de impotencia ante a dimensión da crise sanitaria. “Neste momento hai que poñer todo o que se poida, porque todas as mans son poucas”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...