A cervense Nati Fernández, que rexenta a tenda Decoraciones Ajuar Mercería en Burela, leva preto dunha semana, desde que se decretou o estado de alarma por mor do coronavirus, fabricando mascariñas de xeito altruísta para abastecer a profesionais que teñan traballo de cara ao público, como persoal sanitario ou de seguridade.
Fernández empezou a elaborar os elementos de protección nun primeiro momento con tea de algodón. Agora dispón dun tecido especial grazas a unha colaboración entre a área de Servizos Sociais do Concello de Cervo e Alcoa, que cedeu o material a petición do goberno municipal.
“Decidín tomar esta iniciativa ante a necesidade que había; preguntei se había algún material que serviría para hospitais e dixéronme que non, así que comecei con tea de algodón da miña propiedade. Este material que me cederon é un papel denso, que vén en rolos grandes e que é forte, cósese moi ben. Ocorre que é de usar e tirar”, indica.
Esta cervense precisa que “hoxe comecei no taller ás 9.30 horas e probablemente acabarei ás 21.00 horas. Pero vou comer á casa, eh?”, sorrí, para admitir despois que nos momentos de maior demanda de mascariñas, distribuídas polos Servizos Sociais municipais, “seguín na casa e cheguei a facelas ata as dúas da mañá“.
É a maneira, precisa, de colaborar nunha situación na que o feito de quedar na casa, que é segundo as autoridades sanitarias o mellor para todos, pode provocar unha sensación de impotencia ante a dimensión da crise sanitaria. “Neste momento hai que poñer todo o que se poida, porque todas as mans son poucas”, conclúe.
Parabéns pola iniciativa. ¿ A donde van as mascariñas que facedes? Teño unha irmá traballando nunha residencia de anciáns pública que necesitarían material de boa calidade. As que teñen son como de papel. Está en Lugo. Non sei que tal o material nos sanitarios da costa. Graciñas polo traballo.
Pois mágoa que as máscaras de tea fanlle ao virus unha pera. Unha vez máis o persoal non pregunta e vai por libre. Veña a expor á xente por mor dunha falsa seguridade. E isto é unha boa noticia que publicar? Que unha vella pode estar contaminando inconscientemente á xente?
“Como traballadora do 061, empezar unha mensaxe deste tipo realmente faise duro porque fai ver a realidade na que estamos ahora mismo nesta situación considerada “guerra” na que todos somos soldados que defendemos a misma causa.
Pero para vencer unha guerra necesitase MATERIAL para poder atender a todos os nosos seres queridos , amigos, veciños ou persoas descoñecidas porque todos estamos no mesmo bando. Realmente ver sufrir os nosos nas ambulancias,hospitais,centros de maiores…faise moi duro.
Por eso desde aquí gustariame pedir todo o material posible que teñades nas vosas casas, empresas…calquera cousa por minima que sexa seranos de gran axuda.
Para poder atendervos NECESITAMOS URXENTEMENTE para TODAS as nosas ambulancias todo estes EPIS:
MASCARILLAS ( de calquera tipo) , BATAS, MONOS,…
Se alguén dispon deste material que por favor se poña en contacto conmigo.
Necesitamos EPIS… necesitamosvos a todos vos.
Gracias de antemán e MOITA FORZA E ANIMO porque esto superaremolo entre TODOS¡ ”
Esta é unha de moitas mensaxes que manda a xente que está traballando sen EPIS, porque non teñen, e ti fas mofa dunha señora e con eso de toda a xente que está intentando colaborar. Cando os que mandan non o fan! Calquer axuda é pouca, e calquera tipo de mascarilla para a xente de a pé, benvida será, porque axuda a que si poideses estar infectado sin sabelo, non vaias soltando as gotiñas de flugge que transmiten o virus. Cada día os panadeiros, a xente dos supermercados da aldea, e podería nombrarche moitos máis, traballan sen mascarilla atendendo a centos de persoas, porque non teñen onde conseguila. É certo que o prioritario é lavarse as mans, manter a distancia e non saír da casa, pero que digas que é mellor non levar mascarilla que levala de tela en caso de risco, e que por riba mofes de xente por iso, non me parece normal.
Claro que si Cvf. E moito mellor que todos os sanitarios non usen ningún tipo de protección que non sexa homologado, e mellor que esperen a que alguen se digne a proporcionarlles todos os equipos homologados. O problema e que eses equipos non dan chegado e cada quen ten que buscarse a vida como pode, intentando protexerse a si mesmo e os demais.
Hai que ser moi lerdo pa publicar algo como o que ti publicas, mentres hai xente que se está xogando a vida pa salvar a tua, e que encima non teñen o material que precisan. Deberían quedarse na casa e negarse a traballar sen os Epis homologados, pero por sorte toda esa xente antepón a sua propia seguridade pa intentar salvar vidas como poden.
Desexo que ti non te contaxies, porque supoño que si te vai buscar un sanitario do 061 con una mascarilla de papel negaraste a que te atenda. Si vas a un hospital e te atende un medico sin guantes negaraste a que te atenda. Si te atende una enfermera con una bolsa de basura como bata, negaraste a que te atenda. Si te poñen nunha cama no pasillo, negaraste a que te ingresen. Si te conectan a un respirador feito por una impresora 3d dunha empresa particular, negaraste a que te conecten.
Por sorte hai moita xente que se está deixando a pel pa salvar as vidas de todo o mundo, antepoñendo a sua propia saude e a da sua famila.
Ti mentres tanto quédate na casiña e aproveita o tempo pa buscar todos os equipos homologados, úsalos todos na casiña e así non colapsas mais a sanidade, e deixas traballar as persoas que si fan algo polos demais.
Quedate na casa e así evitasnos os demais que nos contaxies…non o coronavirus, senon a estupidez, que pa eso si que non hay equipos de protección que funcionen nin homologados.
Moita forza para todos os que loitan contra esta pandemia. Estes comentarios teñen que faceros mais fortes.
As máscaras que serven para os non infectados Ffp2 (as do sulfato) ffp3.
Vella? Non ai razón algunha para chamarlle así. Un pouco de respeto. E noticia e digna de publicar porque na sociedade na que vivimos extráñanos a solidaridade e o altruismo de persoas anónimas que non buscan nada a cambio. No obstante se consideras que o seu traballo e esforzo non merece a pena, e mais podería supor unha amenaza de falsa seguridade, a propia publicación da noticia fai chegar o seu bó facer as autoridades competentes a quen lles corresponde tomar esa decisión.
A ti si que había que aplicarche sulfato. Vai poñer a cargar a neurona anda que che está facendo desvariar.
Quedate na casiña, e se saes dela pon esa mascarilla FfP2 pa non contaxiarnos a tontería os demais.
Que talento están perdendo os gobernos do mundo contigo joder.
Fainos un favor cando todo esto acabe….Sigue sin sair da casa anda…Moitos agradeceremoscho.
Para que NATI teña algo que escoitar ás dúas da mañá… Apaga a Tele !!!
https://youtu.be/C7cN0qV60zc