O Grupo de Enxeñaría Física da Universidade de Vigo (UVigo) desenvolveu unha páxina web na que se pode consultar a evolución dos casos de coronavirus a nivel autonómico e estatal e a predición da mesma para os próximos dous días.
Segundo explican os impulsores do proxecto, “diariamente recoléctanse os datos consolidados de infectados por Covid-19 ás 21.00 horas (ofrecidos polo Ministerio de Sanidade ás 13.00 horas do día seguinte) e procédese a facer un axuste non lineal baseado na denominada curva de Gompertz, usada habitualmente como modelo sinxelo para o estudo da propagación de epidemias, entre outros temas. O axuste corríxese diariamente.

Por outra banda, Moléculas en Galego creou unha infografía para explicar en que consisten as probas de reacción en cadea da Polimerasa (PCR). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.