PUBLICIDADE
Inicio sociedade Para saber máis do coronavirus: predicións a dous días dos positivos e...

Para saber máis do coronavirus: predicións a dous días dos positivos e infografías para explicar os tests

A ciencia galega amosa a evolución dos casos e tamén en que consiste a proba PCR, que detecta o virus

Táboa de barras coa predición para o día 25. AXM

O Grupo de Enxeñaría Física da Universidade de Vigo (UVigo) desenvolveu unha páxina web na que se pode consultar a evolución dos casos de coronavirus a nivel autonómico e estatal e a predición da mesma para os próximos dous días.

Segundo explican os impulsores do proxecto, “diariamente recoléctanse os datos consolidados de infectados por Covid-19 ás 21.00 horas (ofrecidos polo Ministerio de Sanidade ás 13.00 horas do día seguinte) e procédese a facer un axuste non lineal baseado na denominada curva de Gompertz, usada habitualmente como modelo sinxelo para o estudo da propagación de epidemias, entre outros temas. O axuste corríxese diariamente.

Esquema para explicar as probas. AXM

Por outra banda, Moléculas en Galego creou unha infografía para explicar en que consisten as probas de reacción en cadea da Polimerasa (PCR). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here